jueves, 22 de junio de 2017

ATA O CURSO QUE VÉN

Os científicos tamén precisan descanso. Así que a Doutora está a preparar as súas vacacións, coa inestimable axuda de Waldemar.

Antes de marchar, quixo deixar esta mensaxe de despedida para todos os que visitaron o seu Gabinete ao longo do curso 2016-2017.

En setembro estará de volta con forzas recobradas e un feixe de novidades baixo o brazo: unha versión en galego (aínda que con algo de acento estranxeiro), novos materiais promocionais e contidos adicionais dispoñibles neste mesmo blog.

Feliz verán a todos!